Contos dos ventos

El blog de las noticias que no son verdad, pero, algunas, ojalá lo fuesen

sábado, abril 23, 2005

Contrarreloxo

Estou na cabina. Dubido un chisco e descolgo. Na cabina, a hora correcta: 01.49h.

Hora: 01.49h.
De súpeto unha voz me sorprende: ¿Foi ben o espectáculo? Non, non fales, é unha gravación. ¿Sabes onde está a cabina en Avenida de Bos Aires?, Si, a de arriba das escaleiras, a que está máis baixiña. Pois douche 2 minutos. Bule.

Nese mismo instante, colgo e saio coma un proxectil cara arriba. Atraveso toda a rúa case sen mirar. Cando chego arriba, collo á esquerda, e nuns poucos segundos prántome na cabina. Descolgo.

Hora: 01.50h.

A voz xovial da cinta, respóndeme de novo.

-Carai, ¡que rápido!
Esta vez non era unha cinta.
-Xa, xa... pero xa che vale...en fin...que aínda non estou para estas cousas. -respondín, mentras tentaba recuperar os folgos.

-Que pouco me coñeces... -dixo
-Xa o agardaba: soltao. -respostei
-Maxinaba que xa te darías de conta. Tes razón, é raro que considere que comín con só un prato.
-Velaquí ven o segundo: tes outros dous minutos, pero tes que chegar á seguinte cabina, á que está do outro lado do Caixa-Goda. Si, unha normal que está mesmiño ao lado dun negocio de calefaccións. Iache dar 2 minutos..pero deixoche de limite ata 3. Colle folgos, agarda ata as e 51
...
...
...
...
Bule!

Hora:01.51 horas.

Colguei. Saín escopetado, pero esta vez seguía o que podía un ritmo... A cada zancada custaba máis... canto máis chegaba menos ritmo levaba, pero sen chegar a pararme demasiado. Aínda quedaba unha tiradiña..¿que hora sería? ¿canto quedaría?. Non tiña tempo nin a mira-la hora. E tampouco tiña cabina na que mirar, só aquela que tiña como obxectivo.
O traxecto facíase eterno...pero sabía que chegaría.
Era frustrante, pero tiña azos porque xa saira de outras situacións máis axustadas. Ou cecais non tanto...
Por fin, rebasei a ultima árbore antes da cabina e metinme nela.
Mirei a cabina.
Recuperei un chisco os folgos nunhas centésimas de segundo.
Mirei a cabina.
Erguín o brazo...
...e... descolguei
Hora...............................
.....:01.53

Hora:01.53
-¡Noraboa! Polos pelos...aínda que non tanto. Quedábanche 40 segundos.
-Bueno... -dixen eu entre xadeos-recobrafolgos- xa che vale.
-A próxima sera pronto. -dixo
- Ei.. non te esquezas que preciso entrenamento, que teño o corazón a todo tren..-respostou
- ¿Por quen? -dixo mentres se ría
- Non ten gracia...-dixen, aínda recuperando os folgos- ...a ver se a próxima vez cambiámolos, papeles.

- Ah, e non o esquezas: o horario é 02.00, 02.05, 02.10
- ¿Como? -respostei estranado
- A ultima proba por hoxe
- Hai que leria...-respostei
- A ver... meréceste unha boa recompensa, primeiro dareiche un bo recibimento, logo... irás a tomar unha auguiña á "Cova" (un certo pub da cidade, preto da zona). Pedirás a túa consumición antes das 02.00. Ás 02.05 terala pagado como moi tarde, e as 02.10 estarás na casiña.

Bule!

Saín a menor paso polo paso de peóns. De súpeto, un estourido unha luz de grande potencia iluminou a noite...e menos mal que estaba de costas.
E semellaba coma se tivese o control de todo, pois no momento da explosión o 'bomberman' calculara que non habería xente en 20 m. á redonda, a nivel do chan, posto que as súas bombas poderíalles afectar marxinalmente, se estaban de cara á bomba. Como sabía que eu estaría de costas á bomba. Aparte, para comprobalo, el mesmo o estaba a ver.

Logo dese momento, tranquilicei un pouco máis, con todo...aínda fora de concurso, non estaba tranquilo. E pronto souben o porque. Por visión periférica, detectei unha parella nun coche... o bomberman era raro que o soubera.

As súas bombas non só eran luminosas, e esta causaría estragos ata mediada a rúa. Todo estaría baleiro a ras de chan...agás o coche. Eu non podía comunicarme con el, non podía facer acenos moi fortes no pub porque se non, podería darlle por estoura-la bomba. Así que fun aló, e pedín a auga en canto puiden, sen estridencias, como o estilo do bomberman me marcaba.

Antes, xusto antes de pedi-la, preguntara a hora.

Hora:01.59.
El, que me controlaba, podería ver o reloxo. Aí xogueilla: se un reloxo poñía unha hora, sería a hora que se tería en conta para o xogo. Primeira etapa da bomba desactivada: non tería luz cegadora de 20 m.

Logo... preguntei o que era, e agardei a pagar...o tempo pasaba paseniño, pero desta vez, sentía que viña ao meu favor: Auga paga...

Hora: 02.01h.

Xusto cando paguei comezou a soar música para bailar que me gustaba. Sabía que andaba el detrás de todo: Nunha mesa había unha chea de xente. Noutra, dous rapaces, e na outra, un rapaz e 3 rapazas. Moi tentador..pero axiña souben quen decidira o cambio de música.

Acabei, tranquilamente a miña auga, e saín.

Hora: 02:03

Levaba tempo sobro, de refilón voltei a ver á parella... tiña 7 minutos, pero cumpría asegurarse.

A segunda etapa estaba teóricamente desactivada, pero era núcleo común coa terceira, sen desactivar esta estourarían as dúas, e nun radio de 20 m. (no que se atopaba a parella), podería resultar danado todo humano ou porcino (aínda que non creo que houbera cochos nos arredores).

Fun sen presa pero sen pausa cara a casa.

Collín as chaves, abrín a porta do portal, subín as escaleiras...

Logo, entrei a casa. E ao entrar na miña habitación...case caio ao tropezar nalgo que estaba no chan.

Cando me recobrei, puiden ver un pedal completamente pulsado, e, ao seu lado un marcador electrónico mostraba a lenda: "Bomb disabled, shutdown..."

Hora:02.05

Logo toda visulización desapareceu.
De súpeto, apareceu dende atrás do aparello unha cariña sorrinte de cor marela, tipo 'acid house'.

Todo rematara, e aquela parella non se vería afectada... sorrín. Todo rematara... por agora.